Os Gotten son unha xenerosa familia afincada en Galicia,fundamentalmente en Vigo e bisbarra, dende a segunda década do séculoXX. Ao terminar a Primeira Guerra Mundial, os irmáns Herbert e Stéfano Gotten Dahandra, beneficiarios dunha cuantiosa herdanza, deciden saír de Austria e trasladarse a Vigo coa intención de instalar unhafactoría de conserva e salga de peixe. Malia un comezo con certasdificultades, en dous anos serán realidade as dúas fábricas deconservas Gotten, absorbidas dende o ano 1977 por outra marca local de prestixio. Os Gotten, familia culta e emprendedora, colaboraron coprogreso e co emprego na bisbarra viguesa durante tres xeracións. Este libro recolle os sucesos e historias dos Gotten contadas polosseus protagonistas, moitos deles os propios membros da familia, ou por outras persoas que preferiron permanecer no anonimato. En todo caso,na totalidade dos relatos salienta a xenerosidade e o grato sentido do humor dos membros desta familia á hora de falar con liberdade e sencomplexos da historia común.